Seleccionar página

BASES LEGALES:

1.Entidade organizadora.

UNIÓN GALLEGA DE ELECTRODOMÉSTICOS S.L (UGESA) con domicilio social en C/ Parroquia de Moruxo, Parcela B-45 Polígono Industrial de Bergondo, 15165 BERGONDO-LA CORUÑA realizará un sorteo online entre os seus clientes que se desenvolverá conforme ao asentado nas presentes bases e cuxo premio é o seguinte:

Auriculares Sony WFC500W

 

 

2. Plataforma de participación, vixencia e alcance

Os usuarios  interesados en participar no sorteo deben os pasos seguintes:

  • Darlle “Gústame” á foto da publicación que se realice o 25 de abril nas redes sociais de Facebook e Instagram de Euronics Noroeste e seguir as contas nomeadas.
  • Mencionar ás amizades nos comentarios (cuantos máis amigos se mencionen nos comentarios máis oportunidades terán de gañar)
  • Punto extra para os participantes que se suscriban a nosa newsletter

 

O sorteo realizarase de xeito online entre tódolos participantes, o 2 de maio de 2022. Este ten alcance nacional, malia que o regalo só se poderá recoller en algún dos puntos de venda que se detallan a continuación:

 

A entidade organizadora do sorteo poderá contactar coa persoa gañadora a través de distintos medios (e-mail, teléfono e publicación en redes sociais Euronics Noroeste).

 

3. Requisitos de participación e mecánica da promoción.

 Poderán participar nesta promoción:

  • As persoas físicas;
  • Maiores de 18 anos antes do peche da vixencia das participacións;
  • Con residencia legal en España;
  • Que sigan los perfís de Facebook e Instagram de Euronics Noroeste.

5) Non poden participar neste sorteo traballadores ou familiares directos de traballadores, así como xerentes das tendas Euronics Noroeste.

 

4. Contido do premio

Regalamos uns auriculares Sony WFC500W. O premio en ningún caso poderá ser obxecto de cambio, alteración, compensación económica ou cesión a petición dos gañadores. O contido do premio está suxeito a posibles cambios que poidan xurdir por motivos alleos á vontade da entidade organizadora.

5. Gañador, comunicación, reclamación do premio e entrega

Unha vez rematado o período de participación do sorteo, a organización realizará un sorteo online utilizando la plataforma de EasyPromos.

O sorteo terá lugar o 2 de maio de 2022. O anuncio da persoa gañadora farase utilizando os medios facilitados polo participante así como polas distintas redes sociais da marca.

Unha vez aceptado el premio, a persoa gañadora deberá recoller o mesmo na tenda Euronics que desexe (das enumeradas no apartado 2). A persoa gañadora ten de prazo ata o 2 de xuño de 2022 as 10:00 horas para reclamar o seu premio. No caso de renuncia, imposibilidade de localización ou cando o gañador do premio non cumpra os requisitos de participación, o premio quedará deserto.

6. Utilización do nome dos gañadores e comunicacións relacionadas coa promoción

O gañador consinte expresamente que Unión Gallega de Electrodomésticos S.L (UGESA) poida utilizar o seu nome e apelidos, teléfono y e-mail facilitados en calquera actividade publicitaria, promocional ou de marketing relacionada coa presente promoción en calquera medio, sen que ditas actividades lles confiran dereito de remuneración ou beneficio algún con excepción feita da entrega do premio gañado conforme a estas bases.

O gañador poderá requirir a eliminación dos seus datos persoais da nosa BBDD en calquera momento.

7. Responsabilidade

Unión Gallega de Electrodomésticos S.L. (UGESA)  reservase o dereito de non admitir o excluír aos participantes ou gañador da presente promoción que facilitaran datos falsos, erróneos, inexactos ou que incumpra o asentado nas presentes bases, quedando eximido de calquera responsabilidade no suposto de que ditos erros ou falsidades impidan a identificación dos gañadores do premio.

Unión Gallega de Electrodomésticos S.L. non se responsabiliza das posibles perdidas, deterioracións, roubos, retrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar ao desenvolvemento xeral da presente promoción ou que sucedan durante o desfrute del premio.

8. Aceptación das bases

A simple participación nesta promoción supón a aceptación plena e incondicional de estas Bases, o cumprimento da normativa tributaria que resulte de obrigatoria aplicación, así como a submisión expresa ás decisións interpretativas que das mesmas realice Unión Gallega de Electrodomésticos S.L. en canto a resolución de calquera cuestión derivada do sorteo. A manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das presentes Bases implicará la exclusión do participante, po lo que Unión Gallega de Electrodomésticos S.L. quedará liberada de calquera cumprimento e obrigación contraídos con dito participante.

9. Contacto

Para consultas de calquera asunto relativo ao concurso, os usuarios poderán contactar a través do e-mail promociones@ugesa.es